Inicio Galicia A Xunta aproba a declaración de incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para...

A Xunta aproba a declaración de incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra

0

A tramitación segue os prazos inicialmente previstos, de modo que se prevé licitar e comezar a execución da obra ao longo do ano que vén


O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta aprobou e deu luz verde á declaración de incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para a ampliación do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra.“Permítenos modificar o planeamento da cidade de Pontevedra para poder, no seu momento, ter licencia que nos habilite á construción do hospital”, explicou o titular do Goberno galego.

A continuación, Feijóo concretou os obxectivos da declaración de incidencia supramunicipal. En primeiro lugar, dar cabida á área na que se situará o novo hospital, lindeira coa parcela actual polo sur. Trátase dunha parcela de 9,6 hectáreas que practicamente cuadriplican as 2,5 hectáreas actuais.

En segundo lugar, contemplar a nova vía de acceso proxectada polo Concello de Pontevedra e que ofrece unha variante para o tráfico que actualmente circula pola Avenida Montecelo. E, en terceiro lugar, posibilitar a creación de aparcadoiros suficientes que satisfagan as futuras necesidades producidas pola ampliación do servizo asistencial.

Leer más:  María Borrás y José Manuel Fernández Alvariño son candidatos a la presidencia del Círculo de Empresarios de Galicia

Deste xeito, a tramitación segue os prazos inicialmente previstos, de modo que se prevé licitar e comezar a execución da obra ao longo do ano que vén. Con esta ampliación, afirmou o titular do Goberno galego, o centro hospitalario pontevedrés será máis humano, con espazos máis acolledores en áreas delicadas como a diálise, a oncoloxía, os coidados paliativos, o hospital de día ou a área materno-infantil.

Así mesmo, o Gran Montecelo será un hospital máis completo con novas unidades: UCI pediátrica; unidade de oncoloxía radioterápica; unidade de traballo, parto e recuperación; e área de medicina nuclear.

Un hospital máis amplo e cómodoNesta mesma liña, Feijóo destacou que esta obra de mellora, que conta cun orzamento total de 140 millóns de euros, converterá o Gran Montecelo nun hospital máis amplo e máis cómodo, con 120 camas máis e un 50% máis de superficie. Igualmente, contará cun 92% máis de salas e postos de urxencias; un 57% de cuartos individuais, fronte ao 36% actuais; e un 49% máis de postos no Hospital de día, que pasan de 109 a 162.

Leer más:  El eurodiputado popular Adrián Vázquez califica de "incomprensible" la posición del BNG respecto a Venezuela

Así as cousas, o presidente da Xunta subliñou que coa ampliación do Hospital Gran Montecelo séguese a completar a mellora do mapa hospitalario de Galicia e Pontevedra.


- Te recomendamos -