Inicio Galicia A Xunta reforza os recursos económicos destinados á rede de centros sociocomunitarios...

A Xunta reforza os recursos económicos destinados á rede de centros sociocomunitarios da provincia da Coruña

0

Habilitouse un crédito adicional de 88.636 euros para os trece centros existentes nesta provincia destinado á dinamización destes equipamentos e á mellora da atención das súas persoas usuarias


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, mantivo na xornada de hoxe unha xuntanza de traballo cos responsables dos trece centros sociocomunitarios que a Consellería de Política Social ten en funcionamento na provincia da Coruña. O obxecto deste encontro, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, foi darlles conta do reforzo da partida económica destinada ao desenvolvemento do programa de actividades que se leva a cabo nestes equipamentos de titularidade pública.

Ao respecto, Arturo Parrado explicou que este crédito adicional responde “a gran importancia do labor desenvolvido a través destes recursos, así como os innegables beneficios que producen nas persoas maiores, principais usuarias dos mesmos”. En concreto, o devandito incremento ascende a 88.636 euros para toda a provincia, a razón de 6.818 euros por centro, que se suma aos algo máis de 216.000 euros que inicialmente estaban contemplados no orzamento do presente ano 2018 para o funcionamento destas infraestruturas. Con esta mellora económica “procuramos potenciar aínda máis os centros sociocomunitarios como espazos dinamizadores e de encontro da poboación, en especial da xente maior”, apuntou o director xeral.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

Nesta liña, o responsable do departamento autonómico de Inclusión lembrou que un dos obxectivos das políticas sociais da Xunta de Galicia pasa pola posta en valor e relanzamento destes recursos, como espazos para a integración e a socialización, así como para propiciar unha vida activa e participativa. De feito, entre outras actividades, nos centros da provincia da Coruña realízanse accións orientadas a potenciar as capacidades intelectuais, físicas ou de creatividade artística e habilidades domésticas das súas persoas usuarias. Estas actividades teñen unha media de 890 participantes por trimestre.

Rede públicaNa provincia da Coruña existen trece centros, dos cales nove funcionan de xeito independente e están emprazados nos concellos da Pobra do Caramiñal, As Pontes de García Rodríguez, Corcubión, A Coruña, Fene, Ferrol, Mera, Muros e Santa Comba. Pola súa banda, hai outros catro centros que están integrados nas dependencias das residencias de maiores Torrrente Ballester na Coruña, Carballo, Ferrol (Caranza), e Porta do Camiño en Santiago de Compostela.

A finalidade dos centros é dar o mellor servizos ás persoas usuarias, polo que, sempre dentro das peculiaridades de cada un deles, ponse a disposición dos mesmos diversos servizos e equipamentos como aula informática, sala de televisión, hemeroteca, xogos de mesa etc. Así mesmo, algúns centros contan con servizo de perruquería, de podoloxía e de cafetaría.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

Os centros sociomunitarios son recursos de participación e convivencia que teñen como finalidade potenciar a plena integración das persoas maiores na vida social e previr o seu deterioro psicosocial mediante a realización de actividades físicas, de ocio, a utilización do tempo libre de forma saudable e a promoción solidaria do voluntariado. 


- Te recomendamos -