Inicio Galicia Díaz Mouteira participa nunha mesa faladoiro que destaca o papel da muller...

Díaz Mouteira participa nunha mesa faladoiro que destaca o papel da muller no sector vitivinícola

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentou e moderou esta tarde unha mesa faladoiro sobre o papel da muller no mundo do viño, incluída na programación da II Semana Vitivinícola de Galicia que organiza a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e a Deputación de Ourense. No acto participaron tres mulleres xerentes de adegas das denominacións de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra: Ángeles Montero (Val de Deva), Duvi González (Dona Elisa) e Xiana Domínguez (Chao do Couso S.

L.).

Díaz Mouteira puxo en valor a contribución da muller na viticultura, un sector considerado tradicionalmente exclusivo dos homes, e indicou que nos últimos tempos a presenza feminina nas adegas está a medrar e cada vez as mulleres teñen máis protagonismo e máis poder decisorio na elaboración, xestión e comercialización dos viños.  

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

- Te recomendamos -