Inicio Galicia A Xunta reforza estes días a promoción internacional do destino Galicia con...

A Xunta reforza estes días a promoción internacional do destino Galicia con accións en México, Croacia, Israel e Brasil

0

Turismo de Galicia participa na primeira semana de xuño en dúas feiras vinculadas ao turismo relixioso e ao de congresos e asiste a dúas reunións con operadores


Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018.- Co obxectivo de difundir os valores turísticos da Comunidade galega e o Camiño de Santiago no exterior, Turismo de Galicia reforza nesta primeira semana de xuño a súa actividade de promoción participando en distintas accións organizadas en países como México, Croacia, Israel e Brasil.

Neste sentido, o departamento de Turismo da Xunta participa ata o vindeiro 12 de xuño no Cumio Internacional da Gastronomía Guanajuato si sabe, que se celebra na capital deste estado mexicano. O Goberno autonómico participa neste acontecemento promocionando a gastronomía galega a través da presenza dun chef que realizará varias presentacións e elaborará diferentes menús para xornalistas e gastrónomos internacionais. Neste ámbito, a Xunta tamén instalará un recinto para ofrecer información turística aos asistentes.

Por outra parte, asiste desde onte e ata o vindeiro sábado a un encontro de provedores e destinos con axentes especializados no mercado do turismo de negocios, relacionado cos congresos, as convencións e as viaxes de incentivo. Esta reunión profesional desenvólvese en Dubrovnik (Croacia) con presenza dos operadores turísticos máis importantes de Europa.

Leer más:  El ERE de MasOrange resultará en el despido de 23 empleados de R en Galicia

Aposta pola especializaciónAdemais, Turismo de Galicia participou nos últimos días nas xornadas de promoción directa para o mercado israelí ao obxecto de contactar cos principais operadores deste país, dado o seu potencial como emisor de viaxeiros cara a Galicia. Así, en Israel celebráronse dúas reunións con axentes de viaxes locais, unha na cidade de Tel Aviv e outra en Xerusalén.

Por último, a Xunta promoveu o destino Galicia na feira Expocatólica, que se desenvolveu entre os días 1 e 4 de xuño na cidade brasileira de São Paulo. Trátase do maior certame relixioso de Iberoamérica no que Turismo de Galicia instalou un recinto de 24 metros cadrados para promover o Camiño de Santiago e os recursos asociados á ruta xacobea.

Estratexia de internacionalizaciónA internacionalización é un dos obxectivos marcados na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla ruta deseñada pola Xunta e o sector coa calidade e a sustentabilidade como eixos vertebradores. Despois dun ano en marcha, a Estratexia 2020 está a dar os seus froitos, pois en 2017 o turismo internacional na Comunidade acadou cifras récord cun 8,6% máis de demanda ata rexistrar 2,5 millóns de noites e preto de 1,5 millóns de visitantes.

Leer más:  La Guardia Civil entrega a la Diócesis de Mondoñedo piezas de arte eclesiástico recuperadas en una operación

Consolídanse así seis anos de crecemento que están a ter continuidade no 2018, pois no primeiro cuadrimestre deste exercicio o número de pernoitas incrementouse un 3,4%. 


- Te recomendamos -