Inicio Galicia A Xunta entrega este curso máis dun milleiro de pasaportes solidarios a...

A Xunta entrega este curso máis dun milleiro de pasaportes solidarios a escolares galegos pola súa axuda aos demais

0

Un grupo de 149 estudantes de 5º e 6º de Primaria do centro ourensán traballaron durante o curso en accións de recollida de alimentos e de produtos básicos para as familias da cidade con menos recursos ou na recadación de fondos destinados a nenos, nenas e adolescentes de países en vías de desenvolvemento

Ourense, 6 de xuño de 2018.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez agradeceu hoxe ao alumnado do Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús Carmelitas-Vedruna de Ourense a súa participación no programa ‘Pasaporte Solidario’. Este curso un total de 149 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria de este centro implicáronse nesta iniciativa que impulsa esta área da Consellería de Política Social e ao abeiro da cal realizaron diferentes actividades como, entre outras, recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas, limpeza no colexio, curtos sobre educación viaria e axudas ao terceiro mundo.

A responsable autonómica aplaudiu a intensa dedicación dos alumnos e o seu compromiso coa sociedade pensando tanto nas necesidades do seu entorno máis próximo como nas dos nenos e nenas doutros países. “Sodes un exemplo do que queremos conseguir con este programa, que é a creación dunha conciencia solidaria desde idades temperás a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o voluntariado”, sostivo.

Leer más:  Incendios que quemaron más de 500 hectáreas en Galicia fueron extinguidos en una jornada de lluvias generalizadas

Cecilia Vázquez interesouse polas iniciativas postas en marcha como foron as tarefas de apoio na biblioteca, a recollida de alimentos para as familias necesitadas de Ourense ou de produtos básicos para os bebés da provincia co proxecto ‘Rechupete’, a recadación de fondos para os nenos de países en vías de desenvolvemento ou a elaboración de vídeos sobre educación viaria para os nenos e familias do colexio.

Con estas actividades, os estudantes do colexio Santa Teresa obteñen o seu Pasaporte Solidario personalizado que acredita a súa experiencia, e con eles xa foron este ano 1174 alumnos de Primaria e Secundaria de toda Galicia e 10.356 desde a posta en marcha deste programa no ano 2011.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, co obxecto de promover a solidariedade e o voluntariado entre a mocidade, ademais de impulsar este tipo de valores desde idades temperás, programa itinerarios continuados ata os 30 anos. Así, comeza en Primaria con ‘Móvete”; segue co ‘Pasaporte Solidario’, dirixido a mozos e mozas de ata 12 anos; continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil.

Leer más:  La facturación del sector servicios aumenta un 10% en Galicia en julio, siendo el tercer mayor incremento entre comunidades

O ‘Pasaporte Solidario’ consta de tres modalidades: Nivel 1, para as persoas voluntarias que participan no primeiro ano;, Nivel 2 ou nivel avanzado; e Camiño de Santiago, modalidade nova que se introduciu o pasado curso escolar e que está orientado a aportar información e apoio aos peregrinos da Ruta Xacobea.  


- Te recomendamos -