Inicio Galicia A Xunta colabora co Concello de Cervo nas obras de mellora de...

A Xunta colabora co Concello de Cervo nas obras de mellora de abastecemento de Río Cobo

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, supervisou os traballos que se están a executar e nos que a Consellería de Medio Ambiente e de Ordenación do Territorio inviste preto de 200.000 euros


A Consellería de Medio Ambiente e de Ordenación do Territorio en colaboración co Concello de Cervo está a executar estes días as obras de mellora do abastecemento na urbanización Río Cobo nas que se invisten preto de 200.000 euros e que permitirán a creación dunha nova rede.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Alfonso Villares, supervisou esta tarde os traballos que se executarán nos próximos catro meses e que suporán actuar ao longo de 1.502 metros de tubaxe, é dicir, na totalidade da rede da urbanización.

Os beneficiarios finais desta actuación, que executa a empresa Hordescon, S.

L., son os preto de 400 veciños deste núcleo de poboación. Así, con estas obras mellórase a rede de subministro de auga potable, a calidade e a presión da mesma.

Esta obra foi posible grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cervo, que ademais da renovación da rede de abastecemento de auga inclúe a posterior reposición do pavimentado das rúas e outras melloras como a modernización de arquetas, puntos de mostraxe e válvulas.

Esta iniciativa debe enmarcarse no compromiso xeral coa mellora dos servizos públicos que se presta á veciñanza, finalidade que comparten o Goberno galego e a administración local. A mellora da rede de abastecemento era unha demanda dos propios veciños desta urbanización xa que a actual, antiga e construída en fibrocemento, sufría perdas e roturas.


- Te recomendamos -