Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o proxecto dos itinerarios peonís e...

A Xunta somete a información pública o proxecto dos itinerarios peonís e ciclistas na zona dos parques empresariais e na Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar

0

O prazo para a presentación de alegacións en relación a este proxecto abranguerá dende mañá ata o vindeiro 12 de xullo

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto dos itinerarios peonís e ciclistas previstos na estrada OU-537, na zona dos parques empresariais, e na OU-536, na Derrasa, no Concello do Pereiro de Aguiar.

O prazo para a presentación de alegacións e informes en relación a este proxecto abranguerá dende mañá ata o vindeiro 12 de xullo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/8r518nO proxecto define dous itinerarios peonís e ciclistas, un deles na marxe dereita da OU-537, estrada dos parques empresariais, cunha lonxitude aproximada de 2,25 km, entre os pp.qq. 0+010, na intersección coa OU-101, na Medorra, e o 2+255, na intersección coa OU-536, na Derrasa.

A outra senda proxéctase na marxe esquerda da OU-536, desde o punto quilométrico 7+080, á altura da ponte sobre o río Loña, no trazado da antiga estrada, frecuentada por peóns pola proximidade no embalse de Cachamuíña, ata o paso de peóns do punto 8+080, na Derrasa.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

As sendas terán un ancho mínimo de 1,8 metros na OU-537 e de 2,5 metros na OU-536, e irán separadas da calzada por unha cuneta de seguridade e por unha banda axardinada nalgúns tramos, segundo as necesidades de cada subtreito. Executaranse con formigón coloreado.

Plan de SendasEstas actuacións, que serán cofinanciadas con Fondos Feder 14/20 para o fomento da mobilidade sostible, están enmarcadas no Plan de sendas na comarca de Ourense, que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.

Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular. 


- Te recomendamos -