Inicio Galicia A Xunta convida ao concello de Vigo a traballar polo aeroporto de...

A Xunta convida ao concello de Vigo a traballar polo aeroporto de Peinador contribuíndo á coordinación e apostando por un autobús atractivo entre a cidade a terminal

0

O Goberno galego lamenta que o alcalde de Vigo lance afirmacións falsas e carentes do máis mínimo rigor sobre os investimentos públicos nos aeroportos galegos

A Xunta de Galicia chama ao Concello de Vigo a traballar pola competitividade do aeroporto de Peinador abandonando a confrontación, contribuíndo á coordinación e apostando con feitos por un servizo de autobús atractivo entre o centro da cidade e a terminal.

O Goberno galego lamenta que o alcalde de Vigo lance afirmacións falsas e carentes do máis mínimo rigor sobre os investimentos públicos nos aeroportos galegos.É rotundamente falso que o actual Goberno galego destinase 23 millóns de euros máis a Lavacolla e Alvedro que a Peinador. O Goberno galego salienta que non destina nin un euro de diñeiro público a financiar compañías aéreas e rexeita que as administracións locais subvencionen rutas sen criterios de demanda e sen garantías de retorno económico e turístico para as cidades.

Ademais, no marco das súas competencias, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tomou a iniciativa a comezos do ano 2016 e ofreceu colaboración técnica e económica ao Concello de Vigo para mellorar a conexión de autobús urbano entre o centro da cidade e a terminal de Peinador. Ese servizo realízase a través dunha liña de transporte urbano de Vigo.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

A resposta do Concello a ese ofrecemento da Xunta consistiu en demandar os fondos públicos autonómicos para pór en marcha un servizo de autobús máis caro que o que existe actualmente, e que o resto dos Vitrasa que operan na cidade, que realizaría ademais un percorrido máis longo e duradeiro, e polo tanto, menos atractivo para os usuarios.

A Consellería de Infraestruturas chama a afrontar o comité de coordinación como unha oportunidade para mellorar a competitividade do noso sistema aeroportuario e a abandonar os localismos que só benefician a Porto. 


- Te recomendamos -