Inicio Galicia A Xunta financia con preto de 30.000 euros a rehabilitación de vivendas...

A Xunta financia con preto de 30.000 euros a rehabilitación de vivendas de mestres en Tordoia

0

Na convocatoria de 2018 xa se concederon axudas a seis concellos por importe de preto de 500.000 euros

A Xunta de Galicia financiará con 29.655,74 euros a rehabilitación dunha antiga vivenda no concello coruñés de Tordoia, no marco da convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras vivendas de titularidade municipal.

A convocatoria para 2018 das axudas foi realizada no pasado mes de decembro cunha dotación orzamentaria de 948.332 euros, o que supuxo un incremento de máis do 80 por cento respecto das axudas concedidas na convocatoria de 2017, na que se concederon o cen por cento das axudas solicitadas para a anualidade 2017 e se esgotou o crédito correspondente á anualidade 2018.

Ao abeiro da convocatoria actual xa foron concedidas axudas a seis concellos por un importe total de preto de 500.000 euros.

Os concellos beneficiarios das axudas son Tordoia (1 vivenda), Ordes (1 vivenda), Bande (3 vivendas), Vilardevós (6 vivendas), Mos (1 vivenda) e Oia (2).

Poden beneficiarse destas axudas de rehabilitación os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes de vivenda inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos.

As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas polos concellos ao alugueiro por parte de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples, que destinarán a vivenda a residencia habitual e permanente. Os destinatarios das vivendas deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda.


- Te recomendamos -