Inicio Galicia Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia...

Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

0

A Consellería convocou 1400 prazas para estudantes de ESO e bacharelato


Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de resolver as axudas para a realización de estadías para a mellora da competencia do alumnado en linguas estranxeiras, na que este ano se duplican as prazas ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Así mesmo, o orzamento pasou dos preto de 300.000 euros do ano anterior aos máis de 1,2 millóns de euros deste ano. A Consellería asumirá entre o 50% e o 87 do custo das estadías. Nas estadías deste ano introducíronse unha serie de cambios nas oportunidades formativas para os mozos e mozas. Deste xeito, non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino. Ademais, ofertáronse 30 prazas en Canadá, en réxime familiar, nas que o alumnado galego asistirá a clases en centros educativos da zona de destino. As persoas participantes na convocatoria poderán consultar a adxudicación definitiva na seguinte dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle . A distribución de prazas é a seguinte:  

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

- Te recomendamos -