Inicio Galicia O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña pon en marcha a comisión para...

O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña pon en marcha a comisión para o estudo do cambio de modelo de xestión

0

Na sesión de hoxe tratouse tamén a posibilidade de solicitar un informe económico que determine os custos das prestación de servizos por traballadores públicos


O director xeral de Emerxencia e Interior, Luis Menor, asistiu hoxe á reunión do Consorcio Provincial contraincendios da Coruña, onde se procedeu a constituír a comisión para o estudo do cambio de modelo de xestión dos parques de bombeiros da provincia coruñesa.

Luis Menor indicou que a Xunta avoga por cambiar o modelo dos consorcios provinciais de salvamento para pasalo a xestión directa sempre que se cumpran dúas premisas: que se garantan os dereitos dos traballadores e que non supoña un sobrecusto para as arcas públicas. A maiores, encargouse levar a cabo un estudo económico que determine o custo real da prestación do servizo mediante a xestión de traballadores públicos.  

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

- Te recomendamos -