Inicio Galicia Ovidio Rodeiro reitera que a conselleira de Infraestruturas convocará nos próximos días,...

Ovidio Rodeiro reitera que a conselleira de Infraestruturas convocará nos próximos días, unha reunión cos concellos da Coruña e da comarca para falar sobre transporte

0

O delegado territorial apuntou que “a pregunta que nos facemos todos é por que ao alcalde da Coruña non lle serve unha Comisión onde se reúnen 17 rexedores da comarca e monta unha mesa con 6 patas menos representativa e menos plural”

O delegado territorial da Xunta de Galicia manifestou, esta mañá, a súa sorpresa polas acusacións do Goberno local de que a Xunta non deu resposta á chamada para pedir unha reunión cos alcaldes da comarca para falar de infraestruturas e transporte porque non responde á realidade.

Neste senso, aclarou que “onte mesmo, antes da reunión da Mesa de Alcaldes, desde a Xunta de Galicia informóuselle ao Concello da Coruña que en próximas datas haberá unha reunión cos alcaldes da área coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda para falar do transporte metropolitano e para escoitar as súas propostas”. Ademais, recalcou que “Ethel Vázquez remitiu en varias ocasións propostas de posibles datas para celebrar este encontro e o alcalde da Coruña non contestou. Concretamente, remitíronselle correos o 6 de novembro de 2017, o 7 de novembro de 2017 e o 18 de decembro de 2017”.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

O delegado territorial apuntou que “desde a Xunta de Galicia sempre mantivemos unha postura construtiva e de colaboración institucional con todas as administracións. Algo que non foi recíproco”. Neste senso, informou que “como delegado da Xunta asisto de forma periódica a un foro importante, como é a Comisión de Seguimento do Transporte Metropolitano da Coruña, no que están presentes os representantes dos 17 concellos da comarca pero o alcalde entende que non son importantes e nos asiste”. Porén, neste foro tomáronse decisións, entre todos, transcendentais para o transporte metropolitano como a posta en marcha do Plan completo de entrada dos buses interurbanos ao centro da cidade.

Tamén hai que lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda renovou, o pasado mes de abril, o Plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia na Coruña, co acordo unánime de todos os concellos e cunha achega autonómica de 3,8 millóns de euros para 2019. Este acordo permite continuar coa implantación, con éxito, da Tarxeta Xente Nova que xa chega a 14.000 coruñeses ou o abaratamento do billete interurbano ata un 70%, chegando a aforros anuais de 700 euros. Ademais, desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda están a traballar con éxito na recollida de propostas para renovar o Plan de Transporte Público de Galicia, que se atopa nestes momentos a exposición pública, co fin de poñelo en funcionamento en 2019.“Se para o alcalde é tan importante este tema resulta, cando menos curioso, que nos dous últimos anos non se dignase a aparecer en ningunha destas reunións nas que se abordaron todos estes asuntos tan relevantes”, apuntou. Ovidio Rodeiro recalcou que “a pregunta que nos facemos todos é porque non lle gusta este foro e prefire montar unha mesa con seis patas moito menos representativa e menos plural”.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

O delegado territorial resaltou que en temas complexos como o transporte metropolitano é necesario avanzar por fases e con pasos firmes e sen ocorrencias, especialmente tendo en conta que a competencia de xestión nesta área é da administración autonómica. As iniciativas sobre transporte deben vir precedidas de consensos tanto no ámbito local, neste caso no pleno da Coruña, como no ámbito metropolitano, con acordos previos de todos os alcaldes implicados, sobre cara a onde se quere camiñar, cales son os obxectivos de todos e como conseguilos.

Sobre a proposta do Concello da Coruña de crear un Consorcio do Transporte, Ovidio Rodeiro apuntou que sería volver atrás e perder todo o que se leva avanzado porque a única proposta que se fai é un folio en branco en empezar de cero. “Entendemos que os coruñeses non queren máis instrumentos que suporían que suba un 4% o billete do bus interurbano e que se elimine a Tarxeta Nova”.

O que está agora mesmo na axenda é a segunda fase do Transporte Público de Galicia que se atopa en exposición pública, para que todos aqueles que queiran poidan facer achegas, e que se poñerá a funcionar antes do verán do 2019. “Aquí hai dúas de formar de gobernar e de prestar servizos os que queren marear con ocorrencias e os que queren poñer en marcha servizos útiles para os cidadáns”, finalizou.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

- Te recomendamos -