Inicio Galicia Ovidio Rodeiro recibe en Padrón o protagonista da IV edición ?O Camiño...

Ovidio Rodeiro recibe en Padrón o protagonista da IV edición ?O Camiño remata en Obradoiro? Aza Petrovic

0


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, recibiu, hoxe en Padrón, ao protagonista da IV edición de O Camiño remata en Obradoiro Aleksandar Petrovic -coñecido como Aza Petrovic- ex xogador croata, protagonista dos éxitos da selección iugoslava de baloncesto e actual seleccionador de Brasil, que está peregrinando desde o 27 e rematará o 31 de maio polas últimas etapas do Camiño Portugués, desde Tui ata Santiago de Compostela. Percorrerá así o Camiño Portugués, o segundo itinerario máis transitado e polo que camiñaron máis de 15.900 peregrinos no que vai de ano, unha cifra un 18% superior ás mesmas datas de 2017. Ovidio Rodeiro destacou que “no arranque do ano O Camiño Portugués está a rexistrar un incremento dun 20% no número de peregrinos que o elixen”.

Esta iniciativa forma parte da IV edición de O Camiño remata en Obradoiro, un proxecto no que destacadas figuras do baloncesto internacional realizan varias etapas do Camiño de Santiago para promover os valores da ruta xacobea ao tempo que axudan a entidades sen ánimo de lucro a conseguir recursos cos que financiar as súas actividades. A edición deste ano céntrase no Camiño Portugués, sumándose así ao ano dedicado a este itinerario, incluído na planificación do Plan director do Camiño de Santiago da Xunta.

Leer más:  La Xunta entregó al embajador de España en la Unesco el primer informe para que la Ribeira Sacra sea declarada Patrimonio Mundial

Tras actuar xa no Camiño Francés, no Camiño do Norte, no Camiño Primitivo, no Camiño Inglés e no de Fisterra e Muxía, os esforzos céntranse este ano no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, cun investimento conxunto de 2,5 millóns de euros para a súa posta a punto. Trabállase no seu acondicionamento e sinalización, na promoción con actividades divulgativas e exposicións, así como no reforzo da acollida dos peregrinos.


- Te recomendamos -