A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 21 e o 27 de maio un total de 194 inspeccións de control en 16 concellos galegos.
Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago nesta pasada semana, realizáronse 43 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Arzúa, Bergondo, Brión, Carnota, Celanova, Lugo, Marín, Negreira, Ourense, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela e Vigo.
Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 37 persoas e inspeccionadas 194 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 10 actas de infracción, das cales 9 foron por venda de alcol e 1 por consumo de tabaco.
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.
- Te recomendamos -