Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de San Cibrao...

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de San Cibrao das Viñas

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 28 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica da Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

Axentes do grupo de Incendios da Policía Autonómica de Ourense, tomaron declaración como investigado como presunto autor dun lume forestal ocorrido o pasado 22 de maio, no lugar do Polígono de Barreiros, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

O lume produciuse, por mor dunha chispa orixinada cando o investigado estaba a facer traballos de corte de metal cunha serra radial no tellado dunha nave industrial, sen adoptar as medidas de seguridade precisas, o que provocou a propagación do lume ao monte lindante, ardendo 1,60 hectáreas de monte arborado.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Ourense. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 28 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 


- Te recomendamos -