Inicio Galicia A Xunta supervisa as obras de execución da beirarrúa na PO-331, na...

A Xunta supervisa as obras de execución da beirarrúa na PO-331, na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo

0

A intervención realízase en terreos de dominio público adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) cun orzamento que ascende a máis de 58.000 euros


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata a PO-331, na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo, para supervisar as obras que está a executar a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nesta zona.

Cun orzamento que supera os 58.000 euros, a intervención realízase sobre un tramo de beirarrúa na marxe dereita, entre os p.q. 9+430 e 9+680, na procura de dar continuidade o itinerario peonil existente.

As obras contemplan a realización de operacións previas de demolición e escavación ao obxecto de acondicionar os terreos, de dominio público adscritos á AXI. Unha vez rematada a escavación en caixa, que se encherá cos materiais necesarios para preparar o terreo, executarase o pavimento de fibrocemento coloreado.

Asemade, prevese implantar o conduto da infraestrutura de alumeado en consonancia co tramo de beirarrúa previo.

Segundo puido comprobar o representante autonómico, os traballos avanzan a bo ritmo en cumprimento do prazo de execución que é dun mes.


- Te recomendamos -