Inicio Galicia A Xunta aplaude o achegamento simbólico e deportivo do brasileiro Fortaleza Esporte...

A Xunta aplaude o achegamento simbólico e deportivo do brasileiro Fortaleza Esporte Clube a Galicia no seu centenario

0

Os secretarios xerais do Deporte e da Emigración e o xerente do Xacobeo recibiron aos representantes da entidade de fútbol, que están a incorporar a Cruz de Santiago no seu equipamento


Os secretarios xerais do Deporte, Marta Míguez, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, trasladaron esta mañá os seus parabéns aos representantes do Fortaleza Esporte Clube, que está a celebrar o seu centenario. Os responsables autonómicos reuníronse co presidente da entidade brasileira, Marcelo Paz, e co historiador, académico fundador e diretor da Academia Cearense de Cultura (Acecult) de orixe galega, Adauto Leitao de Araujo Junior, para buscar novas vías de colaboración e irmamento entre a sociedade deportiva de Brasil e Galicia.

O clube de fútbol de Fortaleza reforza a lista de entidades deportivas galegas, como o Celta de Vigo, o Rácing de Ferrol ou o Compostela, que lucen no seus escudos a Cruz de Santiago, defendendo así a vinculación entre a Galicia e a cidade brasileira, fundada arredor do fortín de Santiago. A sociedade ten, ademais, previsto incluír o emblema da Orde de Santiago no seu equipamento da vindeira temporada. Na actual están a empregar unha camiseta especialmente deseñada para o seu centenario na que xa figura o símbolo galego.

Leer más:  La Xunta pide al Gobierno central que destine más fondos europeos a las Reservas de la Biosfera en Galicia

Poder globalizador do deporteDurante a reunión, Marta Míguez destacou o poder do deporte para “derrubar fronteiras e achegar pobos e comunidades separadas por miles de quilómetros”. Deste xeito sinalou que o deporte “non entende de xénero, nin de idades, nin de culturas” e que ante o deporte “todos somos iguais”. “Ese poder globalizador e igualador do deporte é o que fai que dúas cidades como Fortaleza e Compostela estreiten aínda máis os seus lazos e afiancen unha colaboración mantida desde hai moitos anos”, apuntou.

Rodríguez Miranda, pola súa banda, sinalou o Fortaleza Esporte Clube como “exemplo do forte vínculo que une os galegos do exterior coa súa terra de orixe, especialmente no Brasil, o segundo país do estranxeiro con maior presenza de galegos, 48.441, e que se estende mesmo a aqueles brasileiros que, malia non ter relación familiar directa con Galicia, reciben e recollen os esforzos que desde fai décadas realiza permanentemente e de xeito intenso o Goberno galego para manter vivos os lazos de unión”.


- Te recomendamos -