Inicio Galicia A Delegación Territorial da Xunta en Ourense celebra o Día Europeo dos...

A Delegación Territorial da Xunta en Ourense celebra o Día Europeo dos parques naturais coa solta dunha aguia rateira na serra da Enciña da Lastra

0

Marisol Díaz Mouteira quixo con este acto pór en valor a importante diversidade biolóxica e paisaxística dos tres parques naturais da provincia

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, puxo en valor a importante diversidade biolóxica, paisaxística e medioambiental dos tres parques naturais da provincia: o Xurés, O Invernadeiro e a Serra da Enciña da Lastra e instou á cidadanía a coñecer estes enclaves naturais. Fíxoo esta mañá na Serra da Enciña da Lastra, durante a solta dun exemplar de aguia rateira realizada neste espazo protexido para conmemorar o Día Europeo dos Parques que este ano conta co lema ‘O patrimonio cultural: tamén na natureza!’A aguia que se soltou para reintroducila ao medio natural levaba ingresada no centro de recuperación de fauna do Rodicio dende hai 5 meses, logo de tela atopada sen capacidade de voo nun encoro da provincia. Este animal é unha rapaz que se atopa con certa normalidade no rural galego e contribúe dun xeito natural ao control de roedores.

No acto, Díaz Mouteira estivo acompañada polos membros do seu equipo que, con motivo desta data, tamén celebraron neste espazo protexido unha das súas reunións periódicas para coordinar e supervisar as actividades que os departamentos e órganos autonómicos levan a cabo no ámbito territorial da provincia ourensá.

Así, a Delegación Territorial da Xunta en Ourense súmase á iniciativa da Federación Europarc, na que están representadas as institucións implicadas na planificación e xestión dos espazos protexidos, que este ano, con motivo desta efeméride, quere salientar o patrimonio natural e cultural dos parques naturais.

A Serra da Enciña da Lastra é o máis novo dos seis parques naturais de Galicia, foi declarado en maio de 2002, e tamén é o parque máis pequeno dos tres emprazados na provincia de Ourense. Ocupa máis de 3.150 hectáreas con 45 quilómetros de sendeiros repartidos en 10 rutas. Destaca por ter unha paisaxe mediterránea única en Galicia.


- Te recomendamos -