Inicio Galicia Medio Rural reafirma o seu compromiso coa IXP Mel de Galicia ...

Medio Rural reafirma o seu compromiso coa IXP Mel de Galicia nun encontro co seu Consello Regulador

0

Ángeles Vázquez e Belén do Campo escoitaron as demandas do colectivo e analizaron a colaboración da consellería co sector


A Consellería do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu hoxe ao Consello Regulador (CCRR) da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia en San Caetano. A titular de Medio Rural aproveitou o encontro para reafirmar o seu apoio a este selo de calidade e os seus produtores.

No encontro, as responsables do CCRR trasladaron as súas necesidades e preocupacións das que a Consellería tomou nota para contribuír á boa evolución do sector. Así por exemplo, ambas partes coincidiron en destacar a importancia do etiquetado e controlar o seu cumprimento, especialmente en mercados e feiras locais. Doutra banda, valorouse tamén a colaboración que ofrece a Consellería, que se encarga de levar a cabo as analíticas de control do mel e dos produtos apícolas no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

A IXP Mel de Galicia está integrada por 296 apicultores e 29 envasadores. No 2017 produciron máis de 300.000 quilos de mel cun valor económico estimado superior aos dous millóns de euros.  

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -