Inicio Galicia A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de San Amaro

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de San Amaro

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 23 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio producido no concello de San Amaro o pasado 15 de maio. Tramítanse dilixencias como investigado contra un veciño do propio municipio, como presunto autor do lume, que se iniciou ás 17.20 horas no lugar de Anllo.

O incendio produciuse polo escape dunha queima que o investigado realizou nunha finca. Non se tomaron todas as medidas de seguridade necesarias e as lapas se propagaron, o que provocou que arderan 0,07 hectáreas de monte raso.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Carballiño. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigada, un total de 23 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 


- Te recomendamos -