Inicio Galicia A Xunta salienta a importancia do coñecemento como fío condutor para a...

A Xunta salienta a importancia do coñecemento como fío condutor para a transformación do tecido empresarial coa industria 4.0

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro de traballo no Colexio de Enxeñeiros Industriais co obxectivo de dar a coñecer as axudas 4.0 que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición das empresas

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe no almorzo de traballo mantido con membros do Colexio de Enxeñeiros Industriais a importancia do coñecemento como fío condutor das novas tecnoloxías chamadas a transformar o tecido empresarial mediante a incorporación da Industria 4.0.

Cividanes destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a impulsar, ao abeiro da Axenda Industria 4.0, e especialmente a través do Igape e de Gain, un amplo catálogo de servizos de formación e asesoramento, así como un variado abano de axudas para favorecer os avances das empresas na nova revolución industrial.

Citou, neste sentido, programas como os de axudas á formación 4.0, que este ano facilitarán a incorporación de novos coñecementos por preto de 800 directivos e técnicos vinculados ás Pemes galegas, mediante cursos especializados promovidos por clústers, asociacións empresariais, centros tecnolóxicos ou colexios profesionais de enxeñeiros.

Tamén se referiu aos obradoiros de dixitalización convocados este ano por primeira vez e cos que o Igape promove a xeración de proxectos de investimento neste ámbito para facilitar a transformación dixital do tecido produtivo. A este respecto, adiantou que o próximo 1 de xuño, activarase a nova convocatoria de axudas para apoiar investimentos na dixitalización das pemes, logo de que se presentasen máis dun cento de proxectos á primeira convocatoria.

Por outra banda, o director do Igape lembrou que son xa máis de 70 as empresas galegas que investiron ou están a desenvolver proxectos no eido da Industria 4.0, e avanzou que este ano se lanzará a terceira edición do concurso de ideas patrocinado pola Xunta para seguir impulsando proxectos demostrativos que permitan acelerar a incorporación das novas tecnoloxías ás empresas galegas.


- Te recomendamos -