O Servizo de Oncoloxía pilotou seu uso durante o último ano cuns resultados que permiten valoralo positivamente
Ao longo do último ano, o Servizo de Oncoloxía do Hospital Universitario de Ourense puxo en marcha un novidoso sistema, que permitíu a un grupo de pacientes previr a caída de pelo e manter seu volume, dependendo do tipo de fármaco empregado na quimioterapia, con que se tratan distintos tipos de cancro.
A perda de pelo é un dos efectos secundarios mais comúns da quimioterapia, consecuencia que, ante a gravidade da propia enfermidade, tradicionalmente non se estaba a dar a importancia que merece, tendo en conta seu impacto negativo para os pacientes, en canto a súa autoimaxe, estima e visibilización.
O procedemento empregado no Hospital Universitario de Ourense, que tamén é efectivo en cellas e pestanas, consiste en aplicar frío no coiro cabeludo, antes e despois de cada sesión de quimio, mediante un gorro de silicona polo que circula un líquido refrixerante, conectado a unha máquina que mantén unha temperatura estable.
Mediante este sistema, conséguese manter unha temperatura, entre os 19 e 21 graos, nesta zona da pel, o que protexe ás células, dos folículos pilosos, dos tóxicos da quimioterapia que os dana. Este nivel de hipotermia causa un dobre efecto, reducir a achega sanguínea, por vasoconstrición, e pechar o paso dos tóxicos á membrana celular. Con elo, conséguese a citoprotección dos folículos fronte aos quimioterápicos.
Bos resultados e da satisfacción das pacientesNesta pilotaxe, financiada a través da Fundación Biomédica Galicia Sur, foron tratadas en Ourense dezaoito pacientes, todas elas mulleres, con idades comprendidas entre os 30 e os 55 anos, en xeral, a tratamento por cancro de mama ou ovario, por tempo limitado ou coadxuvante. A maioría conservou seu pelo, mantendo seu volume, en función do tipo de fármaco empregado.
Derivado dos bos resultados e da satisfacción das pacientes, que se acolleron ao tratamento, o Hospital Universitario de Ourense está a avaliar súa inclusión na carteira de servizos de Oncoloxía, para o que se están estudando distintas alternativas que permitan a súa incorporación, tendo en conta seu interese social.
O sistema, denominado Paxman (ou Scalp Cooling) xurdíu en 1997, en Gran Bretaña, e foi evolucionando nos últimos anos, ata ser aprobado pola Comunidade Europea e obter, en abril do pasado ano, a certificación da FDA (Food and Drug Administration), que admite súa plena eficacia e seguridade nos tratamentos.
Sistema indoloro e sinxeloO sistema é moi sinxelo e indoloro, tendo como principais inconvenientes a sensación de frío, molestias polas que dúas das das pacientes do estudo piloto abandonaron o tratamento. Ademais, prolonga o tempo de estanza no Hospital de Día, xa que o gorro debe colocarse, unha media hora, antes comezar a sesión de quimioterapia e manterse, hora e media, despois de acabar.
A aplicación de frío debe iniciarse xa coa primeira sesión de quimioterapia e manterse en todas elas, polo que non resulta doado no caso de tratamentos prolongados, sendo efectivo só nos tratamentos de tumores sólidos.
- Te recomendamos -