Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 77,8 hectáreas, das cales 76,8 son de monte raso e 1 de arborado
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés da Estrada, parroquia de Sabucedo, quedou extinguido ás 12,30 horas de hoxe.
O lume iniciábase ás 16,37 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 77,8 hectáreas, das cales 76,8 corresponden a monte raso e 1 a arborado. Para extinguir este incendio mobilizáronse 8 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -