Inicio Galicia A Xunta e o Consello da Cultura Galega colaboran na dixitalización da...

A Xunta e o Consello da Cultura Galega colaboran na dixitalización da colección epistolar Camilo José Cela con outros autores galegos

0

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mais o presidente do CCG, Ramón Villares, asinaron o acordo polo que se porá a disposición de investigadores e do público en xeral o epistolario con autores galegos do premio Nobel

A Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega (CCG), van colaborar na dixitalización e difusión da correspondencia de Camilo José Cela con autores galegos contemporáneos seus, depositada na Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente do CCG, Ramón Villares, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para levar a cabo a dixitalización do epistolario relacionado cos grandes autores e intelectuais de Galicia e que abrangue a correspondencia que mantivo o escritor padronés con Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Ben-Cho-Shey e moitos outros.

O epistolario completo de Camilo José Cela é un conxunto documental de gran valor histórico tanto pola importancia dos destinatarios coma polo seu volume xa que está composto por 95.000 cartas cruzadas con 13.000 personalidades distintas.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Segundo Román Rodríguez, trátase dun conxunto único xa que inclúe tanto as cartas recibidas por Cela como copias das que el mesmo enviaba. Unha vez dixitalizado e organizado, este epistolario estará a disposición dos investigadores e dos expertos interesados en afondar na figura do Nobel e na cultura galega da posguerra e se porá á disposición do público xeral a través dun arquivo institucional aberto, accesible de maneira libre a gratuíta a través de internet.

O conselleiro agradeceulle ao Consello da Cultura Galega a súa implicación na recuperación e preservación de fondos documentais de diferentes fontes de personalidades da cultura galega conservados en distintos centros documentas. No caso da dixitalización da correspondencia de Cela, unha vez efectuada, converterase nun acervo de fontes á disposición da comunidade investigadora, dos expertos na temática e do conxunto dos cidadáns.

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela -de titularidade da Xunta de Galicia- é a encargada de custodiar e conservar o legado do Nobel de Literatura, un rico patrimonio constituído por fondos documentais, arquivos fotográficos, biblioteca, pinacoteca, manuscritos e colección epistolar entre outros.  

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -