Inicio Galicia Nava Castro salienta o liderado de Galicia na consolidación dun modelo turístico...

Nava Castro salienta o liderado de Galicia na consolidación dun modelo turístico comprometido co territorio

0

Ata o ano 2020 Turismo dedica case o 40% dos seus recursos a estes aspectos e a sustentabilidade está presente de xeito transversal en todas as súas accións

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o papel que Galicia está a ter na consolidación dun modelo turístico responsable e comprometido co territorio. Así o manifestou na clausura do V Congreso Internacional de Medio Ambiente e Saúde na era do desenvolvemento sustentable que se celebrou durante esta semana en Santiago de Compostela. O congreso contou coa presenza de numerosos profesionais de diversos ámbitos e incluíu un relatorio do modelo de sustentabilidade no Camiño de Santiago a cargo do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.“En Galicia comprobamos día a día como o turismo pode contribuír aos obxectivos do turismo sustentable. Temos un inmellorable exemplo no Camiño de Santiago e tamén no noso modelo turístico”, indicou a directora de Turismo. Cun incremento das cifras de peregrinos do 9% e dun 7% nas cifras de viaxeiros no inicio do ano, demostran que o sector é quen de medrar tamén fóra de tempada alta, desestacionalizando a demanda.

Ademais, ata o ano 2020 Turismo de Galicia dedica case o 40% dos seus recursos a aspectos relacionados co territorio, o espazo natural e a propia sustentabilidade que, ademais, está presente de maneira transversal en todas as accións da Estratexia de turismo de Galicia 2020, a folla de ruta posta en marcha hai un ano.

Accesibilidade turísticaAo abeiro deste documento, a Comunidade galega traballa para estender os beneficios da actividade turística a todos, sen distinción, e avánzase para a súa correcta ordenación e planificación. Neste sentido, está en marcha o Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago.

Entre outros aspectos, tamén se traballa, en colaboración con outros países, en diversos proxectos europeos que se orientan a aumentar a capacidade de atracción turística de distintos territorios que permitan á súa vez un impulso socioeconómico e demográfico.  


- Te recomendamos -