Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de dar a coñecer, visibilizar e facer...

A Xunta destaca a importancia de dar a coñecer, visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres á arquitectura

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”, que contou coa participación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou hoxe a importancia de dar a coñecer, visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres á arquitectura.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na xornada “Hai arquitectas”, que tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados (Edificios CIEDUS) e contou coa participación da coordinadora do grupo de traballo “Hai mulleres” e co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño.

Tal e como indicou López Abella, o caso das arquitectas encerra certas singularidades, debido a que se trata dun grupo integrado nun colectivo profesional visibilizado como tradicionalmente masculino, en cuxas competencias e atribucións converxen a rama artística, a técnica e a científica.

Polo que, segundo indicou, é fundamental considerar a visibilización das arquitectas nos ámbitos profesionais, sociais e académicos. Así, no ano 2015 o Goberno galego recoñeceu co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente desde o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia, a Isabel Aguirre de Úrcola. directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Veiga e profesora titular de arquitectura na Universidade da Coruña. 


- Te recomendamos -