Inicio Galicia O orzamento sanitario da Xunta na área de Vigo incrementouse nun 11,2%...

O orzamento sanitario da Xunta na área de Vigo incrementouse nun 11,2% nos últimos tres anos

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acudiu hoxe pola tarde á cidade olívica para intervir nas XVIII Xornadas nacionais de celadores e no XXXIX Congreso Nacional da Asociación Española de Enfermería en Cardioloxía. Nesta última reunión científica, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que o orzamento sanitario da Xunta de Galicia na área de Vigo incrementouse nun 11,2% nos últimos tres anos (período 2016-2018).

No que se refire aos aspectos específicos de Cardioloxía, Almuiña dixo que investíronse 2,7 millóns de euros, dende a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro, en tecnoloxía de atención directa a pacientes cardiolóxicos (sala de hemodinámica, de electrofisioloxía, telemetría, ecocardiógrafos ou unidade de rehabilitación cardíaca). Así mesmo, o conselleiro destacou a posta en marcha da plataforma de teleasistencia TELEA, coa que o Sergas está a traballar no seguimento dos pacientes con insuficiencia cardíaca. Xornadas de celadoresNo outro dos congresos ao que hoxe acudiu o conselleiro, as Xornadas de celadores, alí o titular da carteira sanitaria destacou o papel fundamental do celador dentro do sistema sanitario público, non só de cara a garantir o bo funcionamento dos centros sanitarios, senón tamén para manter unha atención próxima e de calidade. Tamén puxo de manifesto a aposta decidida do seu departamento por unha atención sanitaria máis personalizada e máis humanizada. Na consecución deste obxectivo o traballo do celador, -segundo aseverou o conselleiro-, contribúe indudablemente a elo.

Almuiña subliñou que a do celador é unha profesión “multitarea, orientada a diferentes áreas da sanidade” que obriga a estes profesionais a ser flexibles e versátiles e a ter moi presente o seu papel fundamental de relación interpersonal. “O encontro co celador prodúcese a diario para o paciente e a súa familia durante o seu paso polo sistema sanitario, sendo en moitas ocasións o primeiro contacto que teñen co centro sanitario”, -explicou o conselleiro-, para quen “o paciente debe ser tratado como un ser humano, non como unha enfermidade”.

O titular de Sanidade explicou que a Axencia para a Xestión do Coñecemento en Saúde está a organizar cursos específicos para estes profesionais que lles permitirán actualizar coñecementos e manter o nivel de esixencia. Entre estes cursos destacan o de Coidados e mobilización de pacientes con próteses de cadeira e xeonllos, o de Coidados posturais do paciente encamado, ou o de O celador no bloque cirúrxico.

Almuiña tamén aludiu a outros cursos de materias transversais aos que poden acceder os celadores como son o de Soporte vital básico, Comunicación e traballo en equipo multidisciplinar, Habilidades de comunicación cos pacientes e familiares, Intelixencia emocional: conectando cerebro e corazón, ou Atención plena no contorno sanitario. 


- Te recomendamos -