Inicio Galicia A Xunta avalía con axentes de España e Portugal a execución do...

A Xunta avalía con axentes de España e Portugal a execución do programa operativo de cooperación transfronteiriza

0

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión do 4º Comité de seguimento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Huelva na 4ª reunión do Comité de Seguimento do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. No encontro, aprobouse o informe anual de execución correspondente ao pasado ano, e avaliouse tamén o estado da primeira e segunda convocatoria de proxectos, así como o proceso de selección dos mesmos.

No acto tamén participaron membros dos Comités territoriais (Comisións de coordinación e desenvolvemento da Rexión Norte, Centro, Alentejo e Algarve de Portugal; e das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía), representantes dos axentes económicos e sociais, dos concellos, de medio ambiente, da secretaría conxunta, e da Comisión europea.

Actualmente, está pechado o prazo de presentación de candidaturas da segunda convocatoria do POCTEP 2014-2020, e iniciouse xa o proceso de instrución das mesmas, verificando se cumpren ou non as condicións para ser admitidos. Posteriormente, corresponderá ao Comité de Xestión a selección e aprobación das candidaturas.

Na reunión tamén se presentou o plan de avaliación e a estratexia de comunicación do Programa Interreg V. Mañá está previsto realizar unha visita in situ a algúns dos proxectos máis representativos do POCTEP na área. 


- Te recomendamos -