Inicio Galicia Alumnos do CEIP A Rúa de Cangas coñecen as instalacións do CIAE...

Alumnos do CEIP A Rúa de Cangas coñecen as instalacións do CIAE 112 Galicia

0

Mediante esta actividade preténdese concienciar aos cativos sobre a importancia de facer un uso responsable do servizo de emerxencias

Un grupo de alumnos de terceiro e cuarto do CEIP A Rúa de Cangas visitaron esta mañá as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia co fin de coñecer o funcionamento do servizo de atención e tratamento das emerxencias. Así, dunha forma lúdico-didáctica, os rapaces tiveron a oportunidade de achegarse ao sistema operativo do CIAE e ás súas ferramentas para a xestión e a xeolocalización das chamadas de urxencia.

Con esta actividade preténdese concienciar aos cativos sobre a importancia de facer un uso responsable do servizo, xa que as persoas usuarias son a primeira peza da cadea de atención telefónica das emerxencias. Tamén recibiron algunhas indicacións para saber como actuar en caso de atoparse nunha situación de risco. Do mesmo xeito, os 40 participantes da visita aproveitaron a situación do CIAE no recinto da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada (AGASP) para visitar estas instalacións e achegarse ao traballo formativo que desenvolve. Así, os visitantes puideron ser testemuñas dun mesmo espazo onde se integra a atención, a xestión e a formación en emerxencias. 

Leer más:  Bolaños solicita al PP que no invente excusas inverosímiles después de cancelar las conversaciones sobre migración

- Te recomendamos -