Inicio Galicia A Xunta organiza o curso certificado de marisqueo a pé na aula...

A Xunta organiza o curso certificado de marisqueo a pé na aula de formación pesqueira de Celeiro no que participan 13 persoas

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro co alumando desta acción formativa obrigatoria no proceso de obtención do correspondente permiso de explotación e, polo tanto, enfocada a unha posterior saída laboral

Trece alumnos participan no curso “Certificado de Marisqueo a pé” organizado pola Consellería do Mar. Esta acción formativa ofrece a posibilidade de adquirir os coñecementos teóricos necesarios para desenvolver esta actividade. A maiores, trátase dun curso obrigatorio no proceso de obtención do correspondente permiso de explotación (permex) e, polo tanto, está enfocada a unha posterior saída laboral.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a visita á aula de formación pesqueira de Celeiro, onde estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Ramón Fernández Asensio.

O curso, de 40 horas de formación, iniciouse no mes de abril e está a piques de rematar.

Está distribuído nos seguintes módulos: Comercialización e Xestión (10 horas), Organización (12 horas), Produción (12 horas), Seguridade (5 horas), Avaliación (1 hora). Os requisitos de acceso do alumando era ser maiores de 16 anos e ter rematada o escolarización obrigatoria. A formación impartida ten carácter gratuíto.

Leer más:  El BNG compara la "represión" en la manifestación pro Palestina en Santiago con la "inacción" ante los ultras del Málaga

A Consellería do Mar destinará máis de 1,5 millóns de euros para cursos de ensinanzas pesqueiras non regradas (aquelas distintas aos ciclos formativos) ata 2019. Unha achega que se circunscribe na aposta decidida da Xunta de Galicia pola formación náutico pesqueira como vía para avanzar na remuda xeracional e para dotar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola de sustentabilidade e competitividade.

Ademais, os homes e mulleres profesionais do mar, dispoñen tamén de cursos na modalidade de teleformación que buscan incrementar a oferta formativa á que poden acceder e permiten compatibilizar a vida profesional e persoal, evitando desprazamentos. Unha das opcións preferidas está a ser o curso de mariñeiro pescador, unha titulación oficial náutico-pesqueira que ademais ten carácter habilitante. 


- Te recomendamos -