Inicio Galicia Medio Ambiente destina 60.000 euros ás obras de construción da rede de...

Medio Ambiente destina 60.000 euros ás obras de construción da rede de pluviais no núcleo de Calvos, en San Cibrao das Viñas

0

A conselleira de Medio Ambiente o alcalde de San Cibrao das Viñas asinaron hoxe o convenio de colaboración para a súa execución

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de San Cibrao das Viñas colaborarán na construción da rede de augas de pluviais no núcleo de Calvos, neste municipio ourensán.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinaron esta tarde un convenio de colaboración, polo cal Augas de Galicia asume o compromiso de financiar o 100 por cento do custe e licitar o contrato desta actuación hidráulica; mentres que o Concello, pola súa banda, comprométese a poñer a libre disposición os terreos necesarios para a execución dos traballos e recibir as mesmas ao seu termo.

As obras que se levarán a cabo consisten na construción dunha rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, co fin de dotar a esta zona das infraestruturas subterráneas necesarias para a correcta evacuación das augas de chuvia, así como a posterior reposición dos pavimentos rotos e posterior acondicionamento da capa de rodadura da travesía principal deste núcleo.

Desde a Consellería de Medio Ambiente destácase que esta actuación ademais contribúe á execución do bo estado ecolóxico das augas e dos ecosistemas asociados mediante o cumprimento dos obxectivos establecidos na lexislación aplicable, fomentándose a reutilización das augas depuradas cando isto sexa viable.  


- Te recomendamos -