As últimas estimacións indican que afectou 45 hectáreas, das cales 24 foron de arborado e as 21 restantes de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa de que ás 16,49 horas desta tarde deuse por controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas.
O lume comezaba ás 13,33 horas e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 45 hectáreas, das cales 24 corresponden a monte arborado e as 21 restantes a raso. Para extinguir este incendio mobilizáronse 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -