Inicio Galicia A Coruña Román Rodríguez reivindica a calidade e equidade do sistema educativo galego na...

Román Rodríguez reivindica a calidade e equidade do sistema educativo galego na presentación de “Unha educación de premio”

0


Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reivindicou hoxe os indicadores de calidade e equidade do sistema educativo galego, que o colocan como o máis equitativo e inclusivo de todo o Estado, así como un dos que mellores resultados acadou no último informe PISA, e avalado tamén por a estratexia de ensino dixital e vocacións STEM máis ambiciosa de todo o sistema. Así o manifestou na presentación do libro Unha educación de premio, da xornalista Selina Otero e editado por Galaxia, que reúne experiencias innovadoras e de éxito de 20 centros educativos de Galicia. Tal e como destacou o titular do departamento educativo do Goberno galego, “debemos poñer en valor o propio, o que nos identifica, e por iso alégrame moito que hoxe presentemos un libro coma este, que é unha reivindicación sobre o traballo pedagóxico que levan a cabo os nosos docentes”. De feito, definiu este libro como un “manual de referencia para toda a comunidade educativa galega”, xusto cos seus protagonistas que o inspiran, e moi útil tamén para as novas xeracións de mestres e profesores, “pois nel atoparán unha guía de boas prácticas e exemplos a seguir”, manifestou o conselleiro. Ademais de Román Rodríguez, o acto tamén contou coa presenza da propia autora, así como do director xeral de Galaxia, Francisco Castro.


- Te recomendamos -