Ourense, 5 de maio de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no Congreso Rexional de Viúvas que se celebrou en Ourense, onde puxo en valor o traballo e traxectoria destas asociacións.
No acto, no que estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, eloxiou a capacidade asociativa deste colectivo e sinalou que constitúen un gran exemplo de superación e de mulleres loitadoras.
- Te recomendamos -