Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza que os dous primeiros treitos da autovía do Morrazo...

Ethel Vázquez avanza que os dous primeiros treitos da autovía do Morrazo abrirán ao tráfico o vindeiro venres, día 11 de maio

0

A conselleira salienta a importancia da entrada en servicio da infraestrutura, “construída para as personas e para o uso dos cidadáns”

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que, os dous primeiros treitos da autovía do Morrazo abrirán ao tráfico o vindeiro venres, día 11 de maio, desde o enlace de Rande ao enlace de Meira.

Vázquez Mourelle, xunto co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, participou esta maña cos veciños do Morrazo e de Vigo nunha andaina por parte do trazado da nova vía libre de peaxe.

A conselleira quiso compartir cos vecinos a oportunidade de coñecer dun xeito diferente a autovía do Morrazo, “unha infraestrutura construida para as personas, para o uso dos cidadáns” que, desde o venres 11 de maio, terá en servizo os dous primeiros treitos.

A aindana, duns 3 quilómetros, correspondeuse co primeiro treito da autovía, o situado entre o enlace de Rande e de Domaio. Ethel Vázquez explicou aos participantes no percorrido as características das estruturas máis singulares da nova autovía. Sinalou os viadutos de Rande e da Moura, este último con máis de 400 metros de lonxitude, sendo o máis longo de toda a autovía. Tamén destacou o túnel de Montealegre, que supuxo executar unha obra de gran singularidade técnica, da que non se atopa outro exemplo en España, sendo a primeira vez que se amplía o túnel.

Precisamente, engadiu, esta ampliación do túnel permitiu preservar, na súa totalidade, o Castro de Montealegre, no que se traballou intensamente desde a Xunta, realizando unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que permitiu un labor de documentación do xacemento de enorme valor histórico e cultural.

Ethel Vázquez dixo que neste intre se están ultimando todos os traballos de sinalización e pintado, que permiten circular en condicións de seguridade, e aproveito para agradeceu a comprensión e paciencia dos veciños polas molestias inevitables que supoñen estas grandes obras, salientando que “ao final, verán que o esforzo pagou a pena”.

Neste senso, a conselleira lembrou que no verán de 2019 será realidade toda a autovía, a infraestrutura de maior investimento que está a realizar nestes momentos o seu departamento, 55,5 millóns de euros para a construción de 11 quilómetros de autovía.

Unha infraestrutura clave para o reforzo da seguridade viaria e que suporá unha mellora incuestionable na mobilidade de toda esta comarca, concluíu Vázquez Mourelle.


- Te recomendamos -