Inicio Galicia Preto de 17.000 persoas inscribíronse en liña no primeiro proceso selectivo da...

Preto de 17.000 persoas inscribíronse en liña no primeiro proceso selectivo da Xunta para persoal docente integramente electrónico

0

O uso da Plataforma de interoperabilidade Pasaxe! evitará aos aspirantes presentar ata 86.000 documentos que acrediten a súa identidade, titulación ou a súa situación laboral

Por primeira vez dende a entrada en vigor da Lei 39/2015 para consolidar unha Administración integramente dixital, o proceso de inscrición para o ingreso nos diferentes corpos docentes, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, levouse a cabo de xeito integramente electrónico. En total, presentáronse 16.951 solicitudes a través da sede electrónica autonómica, das cales o 84% empregaron o servizo de claves concertadas, Chave 365, e as restantes optaron polo certificado dixital.

InteroperabilidadeDurante a tramitación do procedemento realizaranse aproximadamente 95.000 validacións de datos, das que arredor 90% faranse automaticamente a través Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, que permite a interconexión dos sistemas de información entre Xunta de Galicia e outras Administracións.

Entre estas comprobacións automáticas destacan as de identidade coa Dirección Xeral de Policía, as de verificación de titulacións oficiais co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou a situación de desemprego co Servizo Público de Emprego Estatal, entre outras. As consultas a través de Pasaxe evitarán aos solicitantes presentar ata 86.000 documentos que xa obran en poder da Administración.

Vantaxes da xestión onlineEntre as vantaxes da xestión online é a posibilidade de facer trámites as 24 horas do día, desde calquera lugar, e evitar os desprazamentos aos rexistros presenciais. Boa proba diso é que neste proceso para persoal docente, a primeira solicitude presentouse tan só 15 minutos despois de abrir o prazo, é dicir, ás 00:15 horas e a derradeira solicitude rexistrouse ás 23:55 horas do último día de inscrición, 5 minutos antes de pechar o prazo.

Administración electrónicaA Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), puxo en marcha en 2015 o Plan de Administración e Gobernos Dixitais para acadar unha administración accesible, áxil nas respostas e con capacidade para anticiparse ás necesidades das sociedade.

No marco deste Plan, a Amtega, puxo en marcha o pasado mes de febreiro unha nova versión da sede electrónica da Xunta máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo: cidadán, empresa ou profesional, entidade local, asociacións e ONG.

O usuario realizar procuras xerais no buscador ou través das etiquetas destacadas en función do seu perfil, ben por ser termos ou procedementos máis destacados ou consultados polo colectivo ao que pertence. Ademais, incorpórase un novo tipo de contido por campañas, que abarca as axudas, procedementos e programas vinculados a un feito vital ou unha necesidade concreta (apoio á natalidade, apoio ao emprendemento).  


- Te recomendamos -